Inicio
Quen somos
Como Mercar
 Contacto

 

Categorías

Calzado
Calzado Infantil
Complementos
Confección e moda
Deportes
Electrónica
Electrodomésticos
Línea Blanca
Mobles
Optica
Perfumería bazar
Xoiería


Idioma:

 

 
:: Aviso Legal

1.- AMBITO
As presentes Condicións Xerais de Compra aplícanse á venda de todos os produtos da ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA xa sexa por teléfono, correo electrónico ou a través da súa páxina Web, www.comerciosilleda.com, a usuarios, empresas ou calquera outro destinatario final, dentro do territorio español.

A utilización por parte do USUARIO dos servizos da TENDA presupón, a aceptación destas Condicións Xerais de Compra, que estarán dispoñibles no momento de realizar o pedido a través da páxina Web.

Por iso, é conveniente que O USUARIO lea atentamente as devanditas Condicións Xerais antes de continuar coa operación de compra.

Se, O USUARIO selecciona a opción "Si, Acepto", que se atopa ao final das Condicións Xerais, considerarase que as entende e acepta plenamente e poderá continuar co proceso de compra. Pola contra, se O USUARIO non acepta as Condicións Xerais, deberá seleccionar a opción indicada como "Non Acepto" que aparece ao final das mesmas. Esta opción concluirá a operación de compra e non comportará a asunción de ningún tipo de obrigación por parte do USUARIO.

2. - PREZOS
Os prezos indicados na pantalla á beira de cada produto serán expresados en Euros.
As ofertas estarán debidamente marcadas e identificadas como tales. A ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA S.L., resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento e sen previo aviso, as modificacións que considere oportunas, podendo actualizar produtos e prezos. O prezo aplicable será o que conste no momento en que O USUARIO realizou a compra.

3. - FORMA DE PAGO
Todas as compras desta tenda se efectuaran ca modalidade de "Pago contra reembolso".

4.- ENTREGAS
Se O USUARIO non recibise o pedido nun prazo aproximado de 1 semana para a península Ibérica, 2 semanas para Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla, a partir da emisión do pedido por parte da ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA, podrá porse en contacto co Servizo de Atención ao Cliente no teléfono, 986 58 07 80 en horario de 16:00 a 19:00 de luns a venres en días laborables.

5.- INCIDENCIAS
Para calquera consulta ou incidencia relacionada coa súa compra poderá contactar co servizo de atención ao cliente a través das seguintes vías:

  • Enchendo o formulario de contacto que atopará na sección de contacto.
  • Por correo postal: ASOCIACIÓN DE COMERCIO DE SILLEDA. Apartado 46, C.P. 36540 Silleda-Pontevedra, (España).
  • Por Teléfono 986 58 07 80 - en horario de 09:30 a 13:30 / 16:00 a 20:00 de luns a venres en días laborables.
  • Por Fax: 986 58 07 80.

6.- POLITICA DE PRIVACIDADE
Os datos persoais solicitados a través das páxinas Web ou outros medios, serán incorporados aos arquivos dos que ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA, é responsable. Esta información será utilizada exclusivamente para informar ao USUARIO sobre ofertas e actualizacións de produtos e non será transferida a terceiros sin consentimento previo. En cumprimento da lei de Protección de Datos, o USUARIO poderá solicitar a modificación ou cancelación dos seus datos en calquera momento, contactando co servizo de atención ao cliente a través dos medios indicados na cláusula 5 das presentes condicións xerais.

No caso de compras realizadas con tarxeta de crédito, a ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA, poderá solicitar ao USUARIO o envío por fax das fotocopias do seu documento de identidade e/ou do tarxeta de crédito.

9.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Os dereitos de propiedade intelectual sobre o deseño e contidos da páxina Web de www.comerciosilleda.com corresponden en exclusivmente á ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA salvo que se indique outra titularidade. A reprodución, distribución, ou transformación non autorizadas de tales contidos constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA ou do titular dos mesmos, e poderán derivar nas correspondentes accións xudiciais ou extraxudiciais para o exercicio dos seus dereitos.

10.- GARANTIA
Para calquera incidencia coa súa compra, será necesario porse en contacto co Servizo de Atención ao Cliente da ASOCIACIÓN DE COMERCIO SILLEDA a través dos medios previstos na cláusula 5 destas Condicións Xerais.

11. - LEI APLICABLE E XURISDICCION
Para calquera diverxencia xurdida do presente contrato, ambas as partes sométense expresamente, e con renuncia ao seu foro propio, á decisión do asunto ou litixio exposto, mediante a arbitraxe institucional de ARBITEC, Asociación Española de Arbitraxe Tecnolóxica, á cal encomendan a administración da arbitraxe e a designación dos árbitros. A arbitraxe realizarase conforme ao procedemento establecido no Regulamento Arbitral de ARBITEC e na Lei de Arbitraxe, de 23 de decembro de 2003 e poderá realizarse a través de Internet ou utilizando calquera outro medio telemático. O laudo arbitral deberá ditarse durante os noventa días seguintes á aceptación do cargo por parte dos árbitros designados, obrigándose ambas as partes a aceptar e cumprir a decisión contida nel. Para o caso de que a arbitraxe non chegase a realizarse por mutuo acordo ou fose declarado nulo, ambas as partes sométense aos Xulgados e Tribunais da Cidade de Lalín-Pontevedra con renuncia ao seu propio foro, se este fose outro.


:: Enlaces
 
 

© 2008-2009 Asociación de Comercio de Silleda
Aviso Legal
 ||  Protección de Datos